100% ocupación en las aulas. Destacado

Reitoría Edificio Exeria
Campus de Vigo
36310 Vigo (España)
www.uvigo.gal
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
(+34)986813590


Resolución reitoral, de 25 de outubro, para a adaptación da Orde do 22 de outubro de 2021 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia (DOG do 22 de outubro).


Á vista do disposto na Orde do 22 de outubro de 2021 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.
En función das competencias que lle son atribuídas polo Estatutos da Universidade de Vigo


Esta Reitoría R E S O L V E:

Primeiro: que os aforos das aulas e outros espazos docentes nos que todos os asistentes poidan permanecer sentados quedan fixados no 100% da súa capacidade.

Segundo: que o resto de medidas referentes á situación COVID tomadas pola Universidade de Vigo continúan vixentes.

Terceiro: que se delega na Comisión de Seguimento da situación COVID creada na Universidade de Vigo o desenvolvemento de novas medidas que precisen a adaptación da citada orde da Consellería de Sanidade á nova situación creada pola mesma nesta Universidade.

Cuarto: Que os decanatos e direccións dos centros docentes da Universidade de Vigo deberán tomar as medidas oportunas, antes do día 2 de novembro, para adaptar a súa organización docente a estes novos aforos.

Quinto: que esta Resolución Reitoral entrará en vigor ao día seguinte da súa sinatura, permanecendo vixente en tanto tamén o estea a citada orde da Consellería de Sanidade.
O Reitor